Deporte en Lalín
Histórico de clasificacións

Arquivos de interese

CADRO DE HONRA V LALIN CUP BALONMAN

Inscripción

Primera Anterior Seguinte Ultima

Presentación

O Torneo Internacional de Balonmán Base Lalín Cup, organizado pola Fundación Deporte en Lalín ten un claro obxectivo social. Ofrece a posibilidade de intercambiar experiencias e coñecer xentes doutras comunidades e países, nunha vila acolledora, de grande riqueza paisaxística que destaca ademais pola súa recoñecida gastronomía e

a calidade do seu comercio, entre outras cousas. No plano estritamente deportivo trátase dun torneo onde participan algunhas das mellores escolas de balonmán.

 

Datas:

O torneo dispútase entre os días 25 e 27 de xuño.

Categorías participantes:

Infantil masculino: Nacidos nos anos 1.996 e 1.997

Cadete masculino: Nacidos nos anos 1.994 e 1.995

Juvenil Feminino: Nacidas nos anos 1.992 e 1.993

 

Inscrición (prazas limitadas):

A data tope para a inscrición de equipos será o día 30 de maio. Para que sexa aceptada a participación, os equipos deben enviar por correo ordinario ou e-mail a folla de inscrición debidamente cumprimentada e a fotocopia do ingreso da cota realizado na nosa conta bancaria.

A cota de inscrición será de 900 euros por equipo.

A inscrición por equipo inclúe aloxamento en réxime de pensión completa para 16 persoas en hoteis ou albergues con arranxo ao seguinte cronograma:

Xoves, 24 de xuño: Aloxamento

Venres, 25 de xuño: Almorzo, Comida, Cea e aloxamento

Sábado, 26 de xuño: Almorzo, Comida, Cea e aloxamento

Domingo, 27 de xuño: Almorzo e comida.

 

Cada clube participante deberá estar provisto do seu mutualidade ou seguro médico, que cubra a todos os xogadores que participen no Lalín Cup 2010.

A organización non se responsabiliza da lesións ou accidentes que poidan ocorrer durante o torneo.

Todos os xogadores deberán presentar aos árbitros a correspondente licenza federativa, DNI ou Pasaporte que acredite a súa idade.


 

Xaspe Desenvolvementos S.L.