Deporte en Lalín
Arquivos de interese

Primera Anterior Seguinte Ultima

FINALIDADE
A Fundación Deporte en Lalín, dacordo cos seus estatutos, ten por obxecto o fomento e a promoción do deporte a través do apoio, difusión e axuda ás entidades deportivas lalinenses e a organización ou atracción de eventos deportivos que poidan celebrarse na capital dezá, como medio de promoción e difusión da cultura deportiva, posibilitando un maior achegamento á sociedade en xera.
As axudas aos clubes federados forman parte do Plano de Fomento e Ordenación da práctica deportiva entre mozas e mozos lalinenses.
 

OBXECTIVOS
Axudar aos clubes de Lalín que promovan o deporte de base.
Mellorar a xestión das entidades deportivas perante o outorgamento de axudas económicas polos gastos en desprazamentos a competicións oficiais, pola compra de material deportivo e a compra de material informático.
 

BENEFICIARIOS
Todos os clubes federados que desenvolvan a súa actividade deportiva no Concello de Lalín e que promovan o deporte de base con equipos ou deportistas federados en calquera das seguintes categorías (benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil; masculino, feminino  e mixto).
 

REQUISITOS
Estar rexistrado no Concello de Lalín
Ter asinado convenio de colaboración coa Fundación
Desenvolver a actividade dentro do ámbito das Federacións Deportivas
Cumprimentar a folla de solicitude das axudas aos clubes federados.
 

ABONO DAS AXUDAS
A) Pola tarefa de fomentar o deporte de base, unha bolsa de axuda para material deportivo en base ás necesidades reais de cada entidade deportiva.

B) Pola mellora na xestión da entidade:
Axuda transporte para gastos en desprazamentos. A Fundación asumirá unha parte dos gastos de desprazamento dos equipos de base.
Axuda material informático, pola compra de ordenadores, portátiles e programas que faciliten a xestión administrativa. A Fundación asumirá unha parte da compra de ordenadores e material informático que permita mellorar a xestión da entidade.

A Fundación abonará directamente as facturas ás empresas provedoras dos produtos ou servizos que son obxecto desta convocatoria de axudas.

O acto de entrega das axudas formalizarase nun acto o que acudirán representantes das distintas entidades deportivas do Concello de Lalín.

Xaspe Desenvolvementos S.L.