Remata a IV Lalín Cup de Tenis

   

A IV Lalín Cup de Tenis pechouse o sábado coas finales das distintas categorías. En alevín feminino, Estefanía Mariño impuxose a Alba Rubio (7-5; 6-1). Na categoría infantil femenino, de novo Estefanía Mariño tentou subir ó máis alto do podio, pero nesta ocasión perdeu na final con Clara Pavía (6-2; 6-2). En alevín masculino chegou a única alegría para o tenis local. Diego Conde venceu a Pedro Pavía nun intenso encontro (3-6; 6-4 e 10-4); Na categoria infantil masculino, Javier Durán venceu a Eugenio González (6-2; 6-2). E por último, Angel Espadas gañou a David Rodríguez (7-5; 6-2).