A FUNDACION PRESENTA O SEU PROGRAMA DE ESCOLAS DEPORTIVAS

   

O xerente da Fundación, Paco Domínguez, e o Concelleiro de Deportes, Nicolás Varela, presentaron hoxe o novo programa de Escolas Deportivas, que oferta actividades a partires dos cinco anos. Nesa franxa de idade sitúase a Escola Multideporte (5-8 anos). O Tenis Infantil vai dirixido para nenos e nenas a partires dos 7 anos. O Tenis adultos é para maiores de 18 anos. A Escola de Bádminton acollera nenos e nenas a partires dos oito anos. O patinaxe voltará un ano máis coa súa actividade, á que poderá acceder nenos e nenas dende os seis anos. E a principal novidade este ano é Danza Oriental, a partires dos 15 anos O prazo de inscrición está aberto ata o 25 de setembro, nas oficiñas do Pavillón Municipal de Lalín