![]() |
Pablo Abián vence e da espectáculo na Lalín Wilson Cup |
|
Pablo Abián confirmou os pronósticos que o acreditaban como favorito ó trunfo, e non deu opción os seus rivais. Gañou a categoría raíña e tamén a de dobres, formando parella co seu irmán Javier. En feminino a grande dominadora foi Beatriz Corrales, que acadou o título logo de impoñerse na final a Lucía Tavera. Tamén gañou o dobres, formando parella con Patricia Pérez. A categoría Sub15 tivo cor portuguesa. Sofía Spínola gañou en individual e tamén en dobles, formando parella con Sofía Setim. Namentras que Hugo Batista tamén gañou as duas modalidades, formando tándem en dobres con Anjo Duarte. En veteranos o portugués Delio Gonçalves non tivo rival. Impúxo a súa calidade dende o principio e gañou individual e dobres (xunto ocn Francisco Cruz). En feminino destcaron as irmáns Fernández Valencia. Nuria e Mírian gañaron o dobres. E Mírian foi subcampiona en individual, tras caer na final ante unha intratable Patricia Pérez. |
|