Deporte en Lalín
Histórico de clasificacións

Arquivos de interese

Primera Anterior Seguinte Ultima

II Torneo Eixo Atlantico

 

Seleccións participantes:

Todas as cidades do Eixo Atlántico que poidan presentar unha

selección de categoría Júnior masculino.

 

Xogadores que poden participar:

Nacidos nos anos 1.989 -1.990 – 1.991

Deberán estar empadroados na cidade ca que van a xogar e

presentar documento de identidade (DNI, Pasaporte …) para acreditar

a súa idade i estar cuberto por mutualidade ou seguro médico.

 

Sistema de Competición:

Será polo sistema de liguilla a unha volta. O calendario faráse

en función do número de seleccións participantes, podendo configurar

un ou máis grupos.

 

Organización:

A organización do torneo correrá a cargo da Fundación Deporte

en Lalín, co patrocinio do Eixo Atlántico e a colaboración da

Federación Galega de Balonmán. A Fundación encargaráse de todas

as facetas organizativas do torneo (promoción, alonxamento de

equipos, arbitraxes, trofeos e medallas, agasallos para os xogadores

participantes, actividades complementarias …).

 

Condicións de participación Seleccións :

A cota de participación por selección será

de 600 euros. A formalización da mesma dará dereito ó alonxamento en réxime

de pensión completa con arreglo o seguinte cronograma.

Venres, 3 de xullo: Comida, cea e alonxamento

Sábado, 4 de xullo: Almorzo, comida, cea e alonxamento.

Domingo, 5 de xullo: Almorzo e comida.

Os equipos só poderán desprazar un máximo de 16 persoas, entre xogadores

e oficiais.

 

Os alonxamentos realizaránse en hoteis de tres e catro estrelas. Ou no

albergue municipal (totalmente equipado, e polo tanto non é preciso traer roupa

de cama, sacos …)

As comidas no torneo serán en restaurantes ou hoteis do Concello de Lalín.

A organización entregará agasallos e medallas a todos os participantes.

Os xogadores participarán, de balde, no programa de actividades

complementarias que terán lugar o venres e o sábado.

Ademáis disfrutarán de tarxetas para entrar no complexo de piscinas

(climatizada i exterior) o sábado, polo que será obligatorio o uso de traxe de

baño e gorro para poder acceder o complexo..

 

O prazo de inscrición remata o día 30 de maio

 

 

EIXO ATLANTICO

 

Resultados

 

  Clasificación

 

Xaspe Desenvolvementos S.L.