|
A Fundación Deporte en
Lalín nace có obxectivo de promover o deporte de base perante a
organización de eventos deportivos e a concesión de bolsas de axuda os
clubes con categorías inferiores.
Impulsada polo Concello de Lalín e a Asociación de Empresarios de Deza, a entidade
escomenzou a sua andaina o 15 de febreiro de 2006. Dende esa data ata o
remate do ano, a Fundación levou a cabo un ambicioso proxecto social, coa
organización de eventos deportivos para os equipos de base, a posta en
marcha da Aula do Deporte, a organización do histórico partido
internacional de rugby entre as seleccións de Galicia e Bearn (Francia) a
elaboración do Plan Xeral de Ordenación Deportiva a campaña solidaria
“Nengún neno sen xoguete de Reis” e a concesión das Bolsas de Axuda os
clubes de base de Lalín.
En definitiva, a
Fundación convertiuse no grande dinamizador do deporte local, premiando os
nosos rapaces e rapazas coa participación, o remate da tempada regular, en
torneos onde poder compartir experiencias con outros mozos e mozas de
distintas comunidades e tamén competir con equipos de superior nivel nas
distintas modalidades deportivas (balonmán, fútbol, rugby …).
A Fundación Deporte
en Lalín constiúse en escritura pública outorgada o 1 de marzo de 2005
ante notario.
O 27 de xullo de
2005 declárase de INTERESE GALEGO e se ordena a inscrición no Rexistro de
Fundacións de Interese Galego.
SOCIOS FUNDADORES
Concello de Lalín
Asociación de Empresarios de Deza
PADROADO
Presidente:
Xosé Crespo Iglesias
Vicepresidente:
Manuel Goméz Estévez
Secretario:
Nicolás Varela García
Vogais:
Antonio
Lamas Carral
Manuel Mª González Aller
Nuria Rodríguez Carral
XERENCIA
Francisco Domínguez González
ORGANO CONSULTIVO
David Rivero (Clube
Rugby Lalín)
David Carbón (Balonmán Lalín)
Javier Sueiro (Escola de Fútbol Lalín)
Armando Piñeiro (Clube Natación Metal Marine Lalín)
David Curros (Escola de Atletismo Deza)
Román Blanco (Clube Deportivo Lalín)
Manuel Fernández (Clube Tenis de Mesa Lalin)
Xosé Crespo Iglesias (Concello de Lalín)
Manuel Conde (Clube Tenis Avantaxe)
Julio Couto (Escolas Deportivas Municipais)
|