Deporte en Lalín
Histórico de clasificacións

Arquivos de interese

Primera Anterior Seguinte Ultima

Presentación

O Torneo Internacional de Fútbol Sub-15 Lalín Cup, organizado pola Fundación Deporte en Lalín ten un claro obxectivo social. Ofrece a posibilidade de intercambiar experiencias e coñecer xentes doutras comunidades e países, nunha vila acolledora, de grande riqueza paisaxística que destaca ademais pola súa recoñecida gastronomía e a calidade do seu comercio, entre outras cousas. No plano estritamente deportivo trátase dun torneo onde participan algunhas das mellores escolas de fútbol.

Datas:

Fase Previa:  25 - 27 agosto

Fase Final:    28 – 30 agosto
 

Categorías participantes:
 

Sub 15:  Nacidos nos anos 1.994 e 1.995

Inscrición (prazas limitadas):
A data tope para a inscrición de equipos será o día 30 de xuño. Para que sexa aceptada a participación, os equipos deben enviar por correo ordinario ou e-mail a folla de inscrición debidamente cumprimentada e a fotocopia do ingreso da cota realizado na nosa conta bancaria.

A cota de inscrición será de 100 euros por equipo.

Cada clube participante deberá estar provisto do seu mutualidade ou seguro médico, que cubra a todos os xogadores que participen no Lalín Cup´09.

 

SISTEMA DE COMPETICIÓN

 

Todos os partidos disputaránse no Estadio Manuel Anxo Cortizo, en dous campos (un sintético e o outro de herba natural). Todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do torneo, auga e unha bolsa de pic nic o rematar cada xornada.

 

Fase Previa: En función do número de inscritos faránse grupos de alomenos catro equipos, que rivalizarán polo sistema de liguiña a unha volta. Os campións de grupo xogaránse a clasificación para a fase final.

 

Clasificánse para a Fase Final os dous mellores desta fase previa. Os partidos terán unha duración de 60 minutos, repartidos en dous tempos de 30 con cinco minutos de descanso.

 

Fase Final:  Disputaráse polo sistema de liguiña a unha volta e participarán un mínimo de 8 equipos. Todos os encontros do torneo serán dirixidos por árbitros federados adscritos á Federación Galega de Fútbol.

 

 

Xaspe Desenvolvementos S.L.